Visita ao Cole!

Que alegría é sempre traballar con nenos!

Por iso o día 18 de decembro, para celebrar o fin das clases por este ano 2015, fumos ensinar un pouco do que facemos nas nosas aulas e tamén falar dos instrumentos tradicionais que se utilizaban e se utilizan.

Amosámoslles os instrumentos de percusión coma o bombo ou o tamboril, pero tamén o pandeiro, as cunchas ou as tarrañolas. Viron a gaita desde unha perspectiva que nunha viran: un neno pode facer unha gaita! Así escoitaron como soaba a gaita de cana (ou canaveira) que os nenos fabricaban hai xa bastantes anos cos bidueiros que estaban nas ribeiras dos ríos. Tamén lles amosamos a gaita a actual e, como non, escoitaron un pouco da nosa música á que se sumaron alumnos do cole.

Esperamos que lles gustara tanto como nos gustou a nós!

Deixa unha resposta

*

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.