David Bellas

DAVID
BELLAS
GARCÍA

vía Galicia Confidencial:

Músico, gaiteiro, pessoa de alta sensibilidade que expreme com transparéncia e grande fermosura sintática e semántica a sua forma de ver a música.

David Bellas

David Bellas | Viveiro | 1985 | músico galego

Titulado Profesional en Gaita de fol e Titulado Superior en Instr. da Música Tradicional e Popular Galega con matrícula de Honra (sendo a 1ª outorgada nesta titulación).

Na actualidade é Profesor no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, director musical da Escola de Música Tradicional de O Son do Sor no Barqueiro e profesor de vento madeira na Banda de Municipal de Música de Viveiro. Foi Profesor de Gaita no Conservatorio Profesional de Música de Riveira, no Conservatorio Copellia (Vigo), na escola de música de Xove e na Escola de Música Municipal de Foz, así como ten impartido aulas e cursos en diferentes puntos da xeografía Galega e española.

Membro dos grupos Projecto de Foles, Matamá Ensemble e Cuarteto "O Chupacabras" e dirixiu o combo folque do Cmus. prof. de Viveiro centrado na creación de material tanto didáctico como artístico para unha nova linguaxe do instrumento, sendo moitas das súas obras temario obrigado nos principais conservatorios galegos, tanto na modalidade de gaita como na de conxunto ou música de cámara.