Desde setembro deste ano 2015 contamos cun novo director da Escola de Música Tradicional de O Son do Sor. David Bellas incorpórase para dar un salto de calidade na ensinanza dos nosos alumnos.
Como se pode apreciar na sección da Escola, trátase dunha incorporación que nos ilusiona e que nos reforza no traballo realizado nos últimos anos para espallar a cultura do noso país.

Nesta entrevista a David, realizada por Ugia Pedreira para Galicia Confidencial poderedes coñecer algo máis da vida do noso Director.