Este Nadal temos gañas de música!
O día 19 de decembro faremos unha foliada para comezar con bo pé o Nadal. Queremos que tódolos grupos da zona veñan tocar, cantar e bailar con nós.
Confirmaron xa a súa música:
- Os Carecos (Ortegal)
- Andarivel (Ladrido)
- Escola de Gaitas (Ortigueira)
- Medio Quinhón (Burela)
- O Son do Sor (alguén o dudaba? :))
A xente de Gamelas e Anduriñas virá botar uns bailes, así como xente de Cedeira, Ortigueira ou O Vicedo.
Tes toda a información aquí na web, no apartado de eventos.