Data
18/05/2016
8:30 p.m. - 9:00 p.m.
Sitio
Viveiro
Categoría
Viveiro arrancará o vindeiro mércores, cando se cumple o centenario, o ano adicado ás Irmandades da Fala, e por extensión, a Antón e Ramón Villar Ponte, nados na cidade do Landro. Será cunha ofrenda floral diante da casa natal dos irmáns, na rúa Pastor Díaz, 62, coas palabras do cronista oficial, Carlos Nuevo Cal e a música da orquestra de gaitas de fol e percusión O Son do Sor, de David Bellas. Está convidada a corporación e todos os viveirenses, porque como explicaron onte a concelleira de Cultura, Lara Fernández-Noriega e o propio cronista, os actos que sen van desenvolver ao longo dun ano buscan dar a acoñecer as figuras «de quen temos a honra que naceron aquí», dixo a edila.
+Info: http://ir.gl/e46b23 (La Voz de Galicia)
+Info: http://ir.gl/55a205 (El Progreso)
