Data
31/10/2015
All Day
Sitio
Local de O Son do Sor
Categoría
Aí vén o Magosto!
O día 31 de Outubro é a hora das castañas. Teremos a tarde completiña:
17:30 | Concurso de Postres
18:30 | “Do Samaín ao Hallomaín”, charla con Rafael López Loureiro
19:30 | Castañas asadas!
BASES DO CONCURSO DE POSTRES “MAGOSTO 2015”
1. A participación é libre, o único requisito é presentalos postres antes das 17:30 horas do día 1 de novembro no local da Asociación Cultural A Barca.
2. A cada postre asignaráselle un número por orde de chegada,
3. Haberá dúas categorías:
- Postre mellor presentado
- Postre máis rico
Os dous premios decidiranse por votación popular entre os asistentes, ós que se lles dará unha papeleta para que escriban o número do postre que consideren máis rico e o que consideren mellor presentado, e a depositen nunha urna.
4. Aínda que a elaboración dos postres é libre, terase en conta á hora de valoralos a utilización de castañas.
5. Premios: Os gañadores recibirán un diploma, unha camiseta, un pen-drive, e unha chapa e unha pegatina de “O Serán do Sor”. Tamén levarán un libro de recetas ó mellor presentado e unha batidora ó máis rico. Entregaranse unha vez finalizada a charla “Do Samaín ao Hallomaín”
6. Unha vez rematado o concurso, procederase á degustación dos postres entre os asistentes.
Animádevos a pasar con nós o Magosto!
Agardámosvos!

