Data
24/03/2016
All Day
Sitio
Praza do Mesón
Categoría
Xa está aquí unha nova edición d’O Serán do Sor!
É a sexta edición e vén con ánimos renovados e estará amenizada por Son d’aqui (A Coruña) durante todo o día.

13:00
Ben… pois a edición de este ano, como xa ven ocorrendo dende a 3ª edición, comezámola ó mediodía coa sesión vermú; cunha estrea moi especial:
Orquestra de gaitas de fol e percusión O Son do Sor
É unha nova etapa dentro da nosa agrupación que queremos estrear na casa.
De seguido, terá lugar a presentación do libro «Contos do Mar de Irlanda«, de Xurxo Souto, que nos amenizará o vermú cos contos e as anécdotas máis divertidas do libro.
17:00
Abriremos a tarde ca actuación co grupo veciño Os do 21, do Vicedo, que nos amosarán a súa escola de baile de nenos.
Xusto ó remate comezará a presentación do disco «Pito Galego» de Efraím Díaz. Faranos unha demostración e explicará o instrumento que, polo momento, é un pequeno descoñecido.
Ás 19:00, Cristian Silva presentaranos o seu primeiro traballo «Ego». Este artista é moi coñecido no ámbito da música tradicional e vén de facerse un oco nos nosos fogares despois de pasar polo xurado da sección do programa Luar «Vai de gaita», onde comentaba a actuación dos gaiteiros participantes.
20:00
E xa a partir das 20h terá lugar o concerto de Tonecho Castelos & Pablo Esqueira. Tocarannos pezas do seu último disco «Nas Mariñas«.
21:30
Arrinca o Serán! Iremos poñendo os grupos aquí na web e no facebook segundo vaian confirmado!
Asi se ve o Porto e a Ría do Barqueiro dende «arriba»
No apartado da localización xa vos poñemos como chegar e a situación exacta donde estaremos.
Polo demais solo queda que nos veñades acompañar e que non deixedes os instrumentos e as ganas de bailar e cantar na casa!
Rematados os grupos confirmados FOLIADA ABERTA para todos os que vos queirades achegar!
AGARDAMOSVOS!!
