Visita ao Cole!

Que alegría é sempre traballar con nenos! Por iso o día 18 de decembro, para celebrar o fin das clases por este ano 2015, fumos ensinar un pouco do que facemos nas nosas aulas e tamén falar dos instrumentos tradicionais que se utilizaban e se utilizan. Amosámoslles os instrumentos de percusión coma o bombo ou o […]

Nova web

Despois de longo tempo de traballo, estreamos a nova imaxe da nosa web, onde colgaremos as actividades que se realicen, os eventos ós que asistamos, etc. Tamén servirá de apoio para as clases da Escola de Música Tradicional xa que se almacenará o material necesario para as clases dentro da web.